Saturday 04 de May de 2024

A Xunta apoia a contratación de 40 traballadores en empresas da comarca de Bergantiños-Costa da Morte a través do programa Galicia Emprega


Ovidio Rodeiro visitou un dos beneficiarios destas achegas que teñen como obxectivo financiar a formación e a contratación de colectivos con máis dificultades para atopar un emprego

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, mantivo un encontro co empresario David Rojo Novo, un dos beneficiarios pola orden de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Galicia Emprega e concretamente da liña Emprega Xuventude.

O representante do Goberno autonómico destacou que o Galicia Emprega, ten como obxectivo apoiar a formación e contratación de persoas pertencentes aos colectivos con mais dificultade para obter un posto de traballo, como son mulleres desempregadas, parados de longa duración, mozos e persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión. En total, investíronse 9,4 millóns de euros, un 10% máis que o anterior.

Concretamente, o Galicia Emprega na comarca de Bergantiños-Costa da Morte apoia a contratación de 40 persoas, das cales 18 correspóndense coa liña Emprega Muller, 18 coa liña Emprega Xuventude e 4 coa liña Emprega Parados de Longa Duración e Emprega Xuventude. En total, estas contratacións contan cunha achega da Xunta de máis de 254.000 euros.

As empresas beneficiadas están situadas nos concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Ponteceso, A Laracha, Zas, Muxía, Cee, Fisterra, Cerceda e Camariñas.

O delegado territorial informou que “estamos financiando a formación e a contratación”. Por unha banda, apóiase cun bono formación aos traballadores para que poidan responder ás necesidades formativas do tecido empresarial. A cualificación dos traballadores que son contratados de xeito inicial por 12 meses a xornada completa para que reciban unha formación mínima de 50 horas incentívase con 2.000 euros. Se o contrato é indefinido, o bono increméntase ata os 4.000 euros e a formación mínima terá que acadar as 70 horas.

Tamén se ofrecen incentivos á contratación ás empresas que impulsan a contratación indefinida ou inicial cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa. Ovidio Rodeiro destacou como novidade que en todos os casos aumentan nun 25% para aquelas empresas de máis de 50 traballadores e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% e noutro 25% no caso de que a actividade pertenza a un sector estratéxico.

Ovidio Rodeiro tamén informou que o pasado xoves, no Consello da Xunta, autorizouse por anticipado de gasto, unha nova edición do Galicia Emprega, un programa que apoiará o próximo ano a formación e a contratación de máis de 1.100 mulleres, parados de longa duración, mozos e mozas e persoas discapacitadas ou en risco de exclusión, para impulsar, deste xeito, o traballo nos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego, un dos retos principais da Axenda 20.

Galicia Emprega contará cun orzamento de 10,5 millóns de euros -un 12% máis ca na convocatoria deste ano- para fomentar o traballo na Comunidade. Esta convocatoria volve a incluír as catro liñas de axudas -Emprega Muller, Emprega Persoas con Capacidades Diferentes ou en Risco de Exclusión Social, Emprega Parados de Longa Duración e Emprega Xuventude. Impúlsase, deste xeito, a contratación dual en catro dos colectivos prioritarios da Xunta á hora de acceder ao mercado laboral.

EMPREGA MULLER
CONCELLO TRABALLADORAS CONCEDIDO
CARBALLO 1 4.000,00
CARBALLO 1 4.000,00
MALPICA DE BERGANTIÑOS 1 4.000,00
CARBALLO 1 4.000,00
VIMIANZO 1 4.000,00
PONTECESO 1 4.000,00
LARACHA, A 1 4.000,00
VIMIANZO 1 4.000,00
VIMIANZO 1 4.000,00
VIMIANZO 1 4.000,00
CARBALLO 1 4.000,00
VIMIANZO 1 4.000,00
ZAS 1 7.500,00
VIMIANZO 0 7.500,00
CARBALLO 1 12.000,00
VIMIANZO 1 15.000,00
PONTECESO 1 15.000,00
MUXIA 1 18.000,00
CEE 1 4.000,00
TOTAL 18 127.000,00
CONCELLO TRABALLADORES CONCEDIDO
CARBALLO 1 3.000,00
CARBALLO 1 3.000,00
FISTERRA 1 3.000,00
CARBALLO 2 3.000,00
VIMIANZO 1 3.000,00
MALPICA DE BERGANTIÑOS 1 3.000,00
VIMIANZO 1 3.000,00
CERCEDA 1 3.750,00
CARBALLO 1 6.000,00
CARBALLO 1 6.000,00
MALPICA DE BERGANTIÑOS 1 6.000,00
CEE 1 6.000,00
VIMIANZO 1 6.000,00
MUXIA 1 6.000,00
CAMARIÑAS 1 7.500,00
PONTECESO 1 3.000,00
CABANA DE BERGANTIÑOS 1 7.500,00
TOTAL 18 78.750,00
CONCELLO TRABALLADORES CONCEDIDO
CARBALLO 1 12.500,00
LARACHA, A 1 15.000,00
CARBALLO 1 15.000,00
FISTERRA 1 6.250,00
TOTAL 4 48.750,00
TOTAL 40 254.500 €